O venres 15 de Marzo celebrase unha nova edición da xornada de economía social en Santa Comba, o acto terá lugar no edificio multiusos da capital Xalleira de 9:30 a 14:00 horas.
Abrirá o acto a alcaldesa de Santa Comba María Josefa Pose Rodríguez. Trataráse a economía social como oportunidade de emprego e desenvolvemento por parte do orador Daniel Diéguez, técnico da rede EUSUMO e fundador da cooperativa Apoio.coop, facilitador e mentor axudando a crear un mundo mellor.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
Logo de unha parada técnica para un café colóquio, intervendrá Alba Paz, Subdirectora Xeral de Economía Social da Xunta de Galicia. De seguido, Fernando Rodríguez, Coordenador da Rede Galega de Dinamización Xuveníl. Cun intercambio de pareceres a xornada pecharáse as 14 horas.
Para mais información, poden acercarse ao Departamento de Formación e Emprego no Edificio Multiusos de Santa Comba ou no teléfono 663 728 782.
