Xornada de emocións para os 25 equipos que forman parte das Escolas Balonmán Xiria

1 minutes read

O pasado sábado a familia das Escolas Balonmán Xiria viviu unha tarde cargada de emocións no Pavillón Vila de Noia. A xornada comezou co partido e vitoria do Calvo Xiria senior feminino fronte o Coreti Lalín e pechouse co emocionante encontro senior masculino entre o Calvo Xiria e o Bm. Ribeiro que rematou con reparto de puntos. Entre ambos partidos, tivo lugar a foto de familia dos 25 equipos que forman parte do clube nesta tempada 2023/2024. A foto de familia foi o momento perfecto para facer a merecida homenaxe a algúns dos fundadores da Asociación Deportiva Xiria, que na presente tempada cumpre 40 anos. Pasado e presente do balonmán carballés unidos nun momento inesquecible. A actual directiva das Escolas Balonmán Xiria fixo entrega da camiseta conmemorativa do 40 aniversario aos 6 fundadores presentes no acto: José Luis Fernández Fernández, José Luis García Mendoza, José Antonio Andrade Sendón, María Gema Paz Bello, Carlos Puga Trigás, Francisco Javier Fieira Fuentes e Evencio Ferrero Rodríguez. Mención especial tamén para o resto de fundadores que non puideron estar no acto: Amadeo García Veiga e José Antonio Mariño Rey. As sementes plantadas por estos valentes hai 40 anos deron os seus froitos e hoxe, a marca Xiria é todo un referente deportivo tanto a nivel autonómico coma nacional. As novas xeracións seguirán a traballar para que Escolas Balonmán Xiria siga medrando e sempre moi orgullosas de levar o nome de XIRIA na súa camisola.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?