Xornada de limpeza na praia de Breo, en Malpica, este sábado

0 minutes read
  • Trátase dunha actividade organizada polo Concello e limpOcean

O Concello de Malpica, en colaboración coa entidade limpOcean, levará a cabo unha limpeza na praia de Breo este sábado, día 5, de 11:00 a 13:30 horas. A actividade centrarase na recollida de lixo para a súa posterior clasificación e reciclaxe.

Será preciso anotarse enviando un correo electrónico a eventos@limpocean.com cos datos de contacto (nome completo, DNI e teléfono).