Na segunda e última xornada do evento sobre a crise migratoria do programa Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración que se está a desenvolver en Kaunas (Lituania) coa participación do Concello da Laracha, os representantes dos 20 socios visitaron o centro de refuxiados de Rukla. Alí mantiveron un encontro co seu director, Robertas Mikulenas, coñeceron a realidade dos refuxiados, escoitaron testimonios de residentes e asistiron a unha mesa redonda con emigrantes, expertos e técnicos.
Este sábado os tres representantes do Concello da Laracha (o alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Ramiro Bello e Cristina Vieites) emprenderon a viaxe de regreso.
O proxecto Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración é financiado integramente pola Unión Europea no marco do programa Europe for Citizens.