SENIOR MASCULINO
CLUB BALONCESTO CAMBRE 75 – 91 CB LARACHA M3
O C.B. Laracha cerra a primeira volta da competición con outra victoria contra Cambre, quedando así no segundo posto da táboa só con unha derrota. O partido transcurriu lento (con máis de 50 faltas entre ambos equipos) pero os nosos laracheses sempre levaron a iniciativa e a vantaxe (agás nos primeiros minutos).
O conxunto de Javier e Sito empezan as vacacións de Nadal sen olvidarse de que o segundo fin de semana de xaneiro comezamos a segunda volta da competición contra Oleiros.
SENIOR FEMENINO
CB LARACHA NOVA FACIAL 95 – 45 ZABBA ZAPATERIA OTERO CARTION
Terceira victoria consecutiva do equipo senior femenino, marcada pola intensidadei defensiva e polos rápidos contraataques. Para este encontro non puideron asistir Mili Rodríguez e Lucía Tuset.
O encontro comezaba con boa intensidade defensiva das larachesas, que mantiveron unha presión a todo campo durante todo o encontro, o que daba lugar a pérdidas de balón das visitantes e roubos que rematan en rápidos contraataques. O dominio absoluto de Bibi Díaz e Renata González nos rebotes, propiciaba que as santiaguesas non tiveras segundas oportunidades no ataque. Sen embargo, nos últimos minutos do cuarto, conseguían anotar varias canastas consecutivas, deixando o marcador nun favorable 29-8.
No segundo cuarto, o CBLaracha mantívose na misma línea intensiva que os 10 minutos anteriores. Sen embargo, as santiaguesas conseguían superar a defensa das locais para finalizar en rápidos contraataques. Pese a iso, as larachesas mantíñanse por encima no marcador (53-24).
Tras o paso polos vestiarios, as de Alberto Vázquez realizaban ataques menos certeiros de cara ao aro, pero mantendo a distancia no marcador. As visitantes non daban nada por perdido, xa que este cuarto foi o máis igualado do encontro (15-12).
Finalmente, as larachesas volvían a realizar un gran cuarto nos últimos 10 minutos do encontro (27-9), sentenciando o partido por un favorable 95-45.
Rematan os partidos deste ano 2019 para as nosas senior, cun balance de 6 victorias e 2 derotas, o que as coloca na 2° posición da clasificación.
CADETE MASCULINO
ROSALES 64 – 44 CB LARACHA MONTAJES ELEC TIBAR
Neste partido desprazámonos a Coruña para xogar co equipo dos Rosales, e atopámonos cun rival moi difícil e potente, loitamos coas nosas forzas. Puidose aguantar o marcador e o tipo hasta ben entrado o tercer período. Nese intre, no que pódese denominar como pequeno baixón momentáneo dos nosos nenos, aproveitaron e sacaron unha distancia no marcador que logo perdurou o longo de todo o encontro asta o remate do mesmo. Tamén se notou a salida de Xenxo no terceiro período por acumulación de faltas.
Esperemos que a sorte algún día se poña do noso lado, pois o esforzo realizado polo equipo nos entrenos parece que este ano quere resistirse máis do debido.
Ánimo rapaces que a recompensa e o traballo entrarán pola porta grande para quedarse!!
CADETE FEMENINO
CB LARACHA CLÍNICA DIEGO PEREZ 37 – 68 CULLEREDO
Derrota do cb laracha ante un Culleredo moi constante e rápido. As nosas larachesas non estuveron acertadas a hora de anotar pero moi ben en defensa aínda que con algunas. lagunas Esperamos que den o mellor delas no seguinte encontró! Forza Laracha!
INFANTIL MIXTO
CEE 31 – 49 CB LARACHA FERRETERÍA CARBALLIDO
Este fin de semana xogamos moi lonxe da casa, no comenzo das Rías Baixas, na bisbarra de Cee. Partimos cara aló co medo dunha alarma climatolóxica avisada de antemán por tódolos medios de comunicación, pero a nosa sorpresa foi grande cando atopamos un espléndido día de outono. Sólo entón comprendimos que a auténtica alarma era a chegada do noso equipo Infantil, pois o clube rival cunha afición moi numerosa e enchida, e un equipo bo, acertado e con técnica, loitaron e xogaron explendidamente. Eles foron sempre por diante, e chegamos o remate de tercer tempo perdendo por un 29 – 27. Foi entón cando os nosos rapaces facendo un sobreesforzo físico e tendo a mente que só os profesionais posúen, comenzaron a facer maravillas no encontro, a non errar tiro algún e a defender coma leóns, chegando a facer un parcial de 2-22 e rematando o encontro cun merecido 31-49.
Só cabe decir que de seguir así é ben certo que teremos moitas alegrías e días cheos de emoción. Adiante e a por todas!!
ALEVIN MIXTO
GOLFIÑOS 49 – 34 CB LARACHA AMBIGÚ
Intenso partido que realizaron os nosos alevín fronte a un rival que soupo darlle a volta ao partido nos últimos instantes.
Xs nosxs pequenxs mostraron as dúas caras da moeda na cal, durante os tres primeiros cuartos conseguiron dominar completamente o xogo realizando boas defensas, bos contraataques e boas eleccións de tiro. Os dous últimos cuartos foron a cara da moeda máis desagradable. Xs alevíns, descentrados, propiciaron moitas perdas, que o equipo rival aproveitou con canastras fáciles debaixo do aro.
Quedámonos coa cara boa da moeda como motivación xa que pouco a pouco seguimos mellorando e coa mala cara da moeda para aprender dos nosos erros, foi un bo traballo que non se ve reflexado no marcador.
ALEVIN FEMENINO
OBRADOIRO – CB LARACHA CULTIAGRO
Derradeiro partido da primeira fase na que se xogaban o liderato final.
Típico partido do que se aprende….
O Obradoiro xogou unha boa primeira parte, con un acerto casi total nas canastas basado no xogo interior o cal acabaou pechando o marcador.
A segunda parte foi mais igualada, con intercambio de canastas e mellor xogo do LARACHA CULTIAGRO.
Leccion aprendida…loitando ata o final…
BENXAMIN MIXTO
JESUITAS 56 – 33 CB LARACHA SISTEMAS PVC XANELAR
Partido agridulce con un comezo impresionante e collendo ventaxa no marcador, pero pasados os dous primeiros tempos o noso equipo perdiu algúns pases e errou en defensa e tiro. Neste momento os do equipo rival aproveitou para darlle a volta o marcador.
Viuse unha gran mellora do equipo e de todos os nen@s, tamén varios triples, pero faltou contancia na recta final. Ainda así, o partido foi moi bonito e desputado por ambos equipos.