49
- Alumnado do CPI As Revoltas coñeceu a historia do lugar a través do arqueólogo Lino Gorgoso
O alumnado de ESO do CPI As Revoltas de Cabana coñeceu de primeira man a historia do Castro de Borneiro e os últimos traballos de restauración executados no recinto arqueolóxico. A actividade, organizada polo Concello, celebrouse este xoves e estivo a cargo do arqueólogo e director desta derradeira intervención, Lino Gorgoso.
A programación contou cunha sesión formativa impartida no propio castro onde os estudantes, divididos en dúas quendas, percorreron o recinto e coñeceron polo miúdo a súa importancia e o seu alto valor histórico.