Xornada en Cee sobre o acoso nas redes sociais


Este mércores 20 de marzo, na Casa da Cultura en Cee, haberá varias charlas sobre o acoso nas redes sociais, así coma os riscos ós que están sometidos os máis cativos cando navegan pola Internet.

Esta iniciativa está impulsada pola ANPA Uxío, do colexio ceense Eugenio López, e nela tamén colabora a Federación Provincial de ANPAS Coruña-Costa da Morte. O principal tema que abordarán será o relacionado coas consecuencias que ten o acoso escolar na vítima, así coma nas persoas que o promoven. Nas charlas tamén enfatizarán os riscos ós que se expoñen os máis novos nas redes sociais.

As conversas terán lugar na Casa da Cultura do concello de Cee (Sala de conferencias – terceiro andar) entre as 19h. e as 21h.