Xornada formativa de desfibriladores en Malpica

0 minutes read

Representantes dos clubs Malpica SDC, Buño SCD, Unión Deportiva Cerqueda e Spórting Seaia CF, asistiron a unha xornada de formación sobre o uso de desfibriladores automáticos externos, a que tamén acudiu o alcalde de Malpica Eduardo Parga Veiga. O concello de Malpica dotará aos campos de fútbol destes aparellos, de ahí o interés mostrado na charla polos presentes.