Xornada formativa en Coristanco sobre a plantación de castiñeiros

0 minutes read
  • Será o 7 de xuño, en horario de mañá, no Centro Interxeracional da Rocheira

O Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, impartirá o vindeiro 7 de xuño unha xornada formativa sobre a planificación de plantación de castiñeiros. Será en horario de 10.00 a 14.00 horas no Centro Interxeracional da Rocheira, en Coristanco.

As inscricións poden formalizarse directamente na biblioteca municipal, chamando ao 651 664 908 ou enviando un correo a biblioteca@coristanco.gal.