Xornada formativa en Carballo sobre o rescate de animais mariños varados

1 minutes read
  • CEMMA é a encargada desta actividade que se celebrará este sábado na praia de Razo

O Concello de Carballo colabora coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) nunha actividade formativa sobre a asistencia á fauna mariña ameazada, tartarugas e mamíferos mariños que se celebrará este sábado, 9 de outubro, na praia de Razo.

A iniciativa enmárcase dentro da campaña divulgación sobre a Rede de varamentos de Galicia que está a levar a cabo a CEMMA, coa axuda da Deputación da Coruña, dentro dos proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente para 2021. Nas vindeiras semanas terán lugar actividades semellantes en Corme e Miño.

A actividade deste sábado consiste en expoñer a presenza das especies obxectivo da asistencia a varamentos, así como o que podemos ou debemos facer para poder asistir en primeira instancia a un animal varado. Será necesario inscribirse enviando un correo electrónico a cemmasolicitude@gmail.com.