Xornada gris para o Calvo Basket Xiria en Xixón, (88-66)

Xornada gris para o Calvo Basket Xiria, e xa van dúas seguidas. O conxunto carballés perdía este sábado na súa saída a terras asturianas ante o Círculo Xixón por 88-66. Empezaban mellor os de Héctor Méndez que o seu rival, pero aos poucos foi perdendo enteiros sobre a pista e o Círculo foi gañando terreo, máis que nada a unha morna defensa carballesa. Xa non sería quen de recuperarse o Calvo Basket Xiria na recta final. Tocou sufrir, e agora toca levantarse e pensar xa na próxima cita, que haxa dúas sen tres e que pase o seguinte, que será a Cultural Leonesa na casa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha