Bo partido en Tui do Grupo Lemaco “A”. 10ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino
Balonmán Tui 30 – Grupo Lemaco Xiria A 44 (13-22)
Viaxaba o Grupo Lemaco con baixas importantes, pero non solo non se resentiu si non que realizou un gran partido, primeira metade cunha sólida defensa e con accións claras para conseguir eses 22 goles a 13 que practicamente lle daban a vitoria. Nunha segunda metade máis relaxada, o Xiria si ben foi máis permisivo en tarefas defensivas, seguiu sumando goles con facilidade para impoñerse con cómoda vantaxe. A derrota do Cisne diante do Bueu coloca novamente segundo ao Xiria na Liga Ouro Cadete Masculino.
O Grupo Lemaco “B” vence ao líder nunha gran remontada. 9ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino
Grupo Lemaco Xiria B 35 – Balonmán Atlántico 34 (12-18)
O líder da Liga Prata o Balonmán Atlántico viu como o Grupo Lemaco B o superaba nos derradeiros minutos do encontro logo de ir perdendo ata de 9 goles. A maior envergadura e ritmo de balón dos de Oleiros, permitíalles levar o partido con comodidade, o Xiria víase incapaz de frear o lanzamento exterior do rival e en ataque topaba cunha defensa ordenada e unha portería atinada. Todo cambiou a raíz dun baixón de xogo do Atlántico, o Xiria viu por onde podía facer dano ao contrario, apremando máis cunha defensa adiantada e imprimindo maior velocidade en cada saída, fose ao recuperar o balón ou de contra-gol. As diferenzas foron acortándose e quedaba tempo para alcanzar ao equipo contrario no marcador, A falla de un minuto o Xiria igualaba e nunha xogada posterior marcaba para impoñerse e sumar os dous puntos en xogo.