Xornada positiva para o Laber e o Garaysa Xiria

2 minutes read

Balonmán Culleredo 25 – Laber Xiria 37 (10-20)

Superioridade no «Derbi» provincial dun Laber Xiria máis rápido nas súas accións e resolutivo de cara a gol.

Comezo de partido, no que a pesares de costar atopar o sitio en defensa, o Laber non tivo dificultade para abrir oco no marcador a base de recuperacións de balón e imprimir velocidade nas contras. Ante o ataque posicional do Xiria o Culleredo amosouse moi intenso pero chegando tarde a moitas accións, o que tería que implicar as exclusións constantes dos locais, converteuse nunha permisibilidade arbitral que fixo que o partido se convértese nun duro choque para a integridade dos xogadores de ambos equipos.

O Laber amosouse baixo de intensidade defensiva, algo que deberá cambiar para o importante compromiso do vindeiro sábado, pois recibe ao Cisne pontevedrés, partido que medirá as aspiracións dos carballeses para esta tempada.

O Garaysa Xiria vence en Culleredo

O Garaysa Xiria disputou o pasado sábado, día 5, o partido correspondente á terceira xornada de liga. Os de Carballo querían continuar pola senda da vitoria contra un Culleredo, que sempre ten bos rapaces nas súas filas.

O partido comezou con certa igualdade. Os dous ataques impoñíanse as defensas. A defensa do Garaysa falta da profundidade que lles caracteriza, e pasiva ante o ataque dos de Culleredo. Sen embargo, no ataque estaban a tomarse boas decisións e a mover a pelota con seguridade e acerto.  En canto foi avanzando a primeira metade o Garaysa foi capaz de enchufarse un pouco máis na defensa e, de este xeito, distanciarse no marcador ata o 13-20 que marcaba o electrónico ao final dos primeiros 25 minutos.

A volta dos vestiarios o Garaysa prantexou unha defensa 6-0 con moitas salidas. E pola contra, o rival unha defensa 3-3 moi presionante, defensa que fixo que o Garaysa tivera ata 7 perdas de balón na segunda parte por imprecisións nos pases, cousa pouco común neste equipo. Con todo, e a pesares de non facer unha boa segunda metade o equipo carballés foi quen de manter a ventaxa terminando o partido con 23-31.

Destacar o debut, xa dende o comezo do partido, de Antón co Garaysa. Para a semana visita carballo un equipo forte como é o Cisne no que seguro que será un partido moi competido.

Diferente sorte correron os equipos femininos, o Goldie Xiria cede ante o BM. Carballal (23-27) pero reforza a súa mellora competitiva. O Hierros Varela Urbieta progresa, pero cae derrotado na casa do Teucro (43-24).