O vindeiro mércores 17 ás 19:00 horas no Viveiro de Empresas do polígono de Bértoa en Carballo terá lugar unha Xornada Técnica sobre a nova norma ISO 45001:2018.
A ISO 45001:2018 é o novo estándar internacional para a xestión dos Sistemas de Seguridade e Saúde Laboral, vindo substituír ao certificado OHSAS 18001. As empresas que así o desexen xa poden implantar este novo estándar, mentres que as empresas que teñen un certificado vixente baixo OHSAS 18001 téñen ata o 2021 para adaptarse á ISO 45001, polo que é conveniente irse familiarizando cos requisitos e procesos da nova norma.
A xornada será impartida polo persoal técnico da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) e nela expoñeranse as principais diferenzas entre a ISO 45001 e a norma OHSAS, así como todos os pasos do proceso de certificación. A participación nesta xornada é gratuíta e só requirirá a previa inscrición no correo info@poligonodecarballo.com ou no teléfono 981 701 090.