Xornadas de concienciación sobre a reciclaxe nos centros educativos de Muxía

1 minutes read
  • Este ciclo formativo explica dun xeito didáctico e visual como é o funcionamento do servizo de punto limpo e a recollida de lixo no municipio

O Concello de Muxía organiza xornadas de concienciación sobre a reciclaxe nos centros educativos do municipio. Esta iniciativa, que se realiza en dúas quendas, comezou este martes no IES Ramón Caamaño e no Colexio de Educación Infantil e Primaria Virxe da Barca. A través dun método didáctico e visual, varias técnicas explicaron á rapazada o funcionamento do servizo de punto limpo así como a recollida de lixo que se realiza no municipio. As xornadas continuarán no día de hoxe no CEIP Eduardo Noya de Vilarmide e no CEIP dos Muiños.

O rexedor de Muxía, Iago Toba, quixo poñer en valor este tipo de iniciativas ao consideralas «necesarias» para que as novas xeracións tomen partido polo «noso presente e futuro».