Xornadas de educación viaria nos colexios de Zas

Co fin de fomentar o coñecemento e os bos hábitos na seguridade viaria entre os máis novos, a Policía Local de Zas desenvolve durante estes días unhas xornadas de educación viaria dirixidas aos alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas.

As sesións divídense en dúas partes. Na primeira parte, Andrés Alonso, Policía Local de Zas, imparte unha amena e práctica charla onde lles expón unha serie normas e consellos sobre a seguridade viaria que son gran utilidade para o seu día a día. O obxectivo é que aprendan a comportarse de forma responsable e segura como viaxeiros, como condutores de bicicletas ou patinetes e como peóns.

Na segunda parte da sesión teñen que demostrar o aprendido nun espectacular circuíto con semáforos, sinais de tráfico, rotondas e pasos de peóns polo que teñen que transitar conducindo un kart, unha bicicleta, un patinete ou como peóns. O circuíto está instalado no pavillón municipal de Baio e o venres trasládase ao de Zas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha