Xornadas de teatro durante o verán no Ecomuseo Forno do Forte de Malpica

Cedida

  • A primeira representación será ‘Saaabor!’, de Avelino González, que poderá verse este domingo ás 12 horas

O Ecomuseo Forno do Forte de Malpica converterase durante os meses de xullo e agosto nun enclave cultural ao acoller un ciclo de teatro organizado pola concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. As representacións celebraranse todos os sábados desde este 9 de xullo ata o 20 de agosto e as entradas serán de balde.

A programación arrincará esta fin de semana con Saaabor! (12.00 horas), un espectáculo cómico onde e mestura a música, a maxia, o humor e a participación do público coa gastronomía como fío conductor. Creada e dirixida por Avelino González, conta con Félix Rodríguez e Fran Rei como protagonistas.


Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha