Xornadas do GALP Costa da Morte | ‘Mirando polo mar’

1 minutes read

O GALP Costa da Morte está a traballar no proceso de participación social para a redacción da súa estratexia “Mirando polo mar” que ten como horizonte o ano 2027. Este martes realizouse en Buño, a primeira de tres xornadas, na que estiveron representados tanto o sector pesqueiro, social, público e económico a través de membros das confrarías de Caión, Corme e Camariñas, Agrupación de Mariscadoras do Río Anllóns, Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, Redeiras Illa da Estrela de Corme, representantes da Asociación Íntegro, Concello de Malpica, técnicos do Concello de Ponteceso, o xerente do GDR Costa da Morte, varios empresarios, promotores privados e público en xeral, que debateron as principais necesidades, propostas de actuación e ideas para enfocar a xestión dos fondos FEMPA nos próximos anos.

As próximas xornadas serán:

Xoves 11 de agosto ás 18:00 h na Casa da Pedra de Camariñas.

Xoves 18 de agosto ás 18:00 h no Salón de Actos do Concello de Laxe.