Xornadas sobre os proxectos eólicos que afectan á comarca de Bergantiños e á Costa da Morte

1 minutes read

Se queres coñecer as características e impactos dos proxectos eólicos que están a tramitarse arestora na comarca de Bergantiños e na Costa da Morte, podes achegarte este sábado día 8, ás 17 horas á praza do concello de Carballo. Membros da Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra, da Plataforma Salvemos os Penedos e ADECOM, explicarán os macroproxectos eólicos de tramitación ministerial que afectan a Carballo e arredores: Orzar, Tornado, Berdoias e Pedrabante. A partir de aí, o sábado 15 haberá unha segunda xornada que contará de novo con membros destas plataformas e dos colectivos afectados, onde se poderán recoller modelos tipo para presentación de alegacións a estos parques, así como participar nunha recollida de sinaturas.