Activistas de dereitos humanos, xornalistas e disidentes políticos do mundo enteiro espiados grazas ao software Pegasus, creado pola firma israelí NSO Group para perseguir a criminais e terroristas. Unha investigación revela que a empresa establecera unha lista de 50.000 numéros de teléfono, como potenciais obxectivos. Moitos dos números concentrábanse nestes países: Acerbaixán, Barhein, Hungría, a India, Casaquistán, México, Marrocos, Ruanda, Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos. A investigación foi levada a cabo por The Washington Post e outros 16 medios de comunicación, coa axuda de Amnistía Internacional e a organización francesa sen ánimo de lucro Forbidden Stories. Desde Pegasus insisten en que o seu produto só se utiliza contra delincuentes.
Xornalistas, activistas e políticos espiados a través dos seus móbiles
Imagen de un teléfono móvil_PIXABAY