Xosé Lois García Carballido | “A Festa do Percebe crea sinerxia e encontros de xente de toda España”

Alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido.

A Festa do Percebe de Corme é o día máis importante do ano para esta vila mariñeira do Concello de Ponteceso. Miles de persoas de diferentes lugares de Galicia, e tamén de fóra danse cita aquí cada edición para degustar este preciado manxar e tamén gozar da festa e das actividades paralelas. Corme repartirá este sábado arredor de 1.000 kg. de percebes durante a súa tradicional Festa do Percebe do Roncudo, que este ano celebra a súa 30ª edición por todo o alto despois de dous anos sen poder festexala. Tras un amplo traballo de campo levado a cabo pola Organización e polo Concello de Ponteceso, con promoción incluída en feiras como FESTUR, ou no cupón da Once que se vai sortear o vindeiro 10 de xullo e que leva o deseño da Festa do Percebe como bandeira, está todo preparado para que non falte detalle este sábado nunha nova edición deste consolidado evento grastronómico.

En declaracións a NHdiario, o alcalde de Ponteceso Xosé Lois García Carballido, afirmaba que, “levamos meses traballando nun dispositivo especial de seguridade e limpeza para que todo saia ben”. As 2 da tarde empezarán a saír da Confraría, da lonxa nova, recentemente cocidos con cachelos, os mellores percebes do mundo, “ese é o momento estrela da festa, que levamos esperando dende hay tres anos”. Carballido fixo fincapé en que “a Covid aínda segue aí, pero esta é unha festa segura ao aire libre na que teremos ademais un dispositivo de seguridade especial para controlar os accesos á mesma”. 

O alcalde invita a todo mundo a visitar Corme, “ademais do produto estrela, estamos nun punto fermosísimo da Costa da Morte, como é o Porto de Corme, con esa ría de Corme e Laxe ao noso carón. Haberá música na rúa, charangas, espectáculo, moita festa e moita diversión para todas as idades, e non hay nada comparable a vivir unha Festa do Percebe en Corme, no mes de xullo, unha festa que crea sinerxia e encontros de xente de toda España. Una ocasión fantástica para reencontrarse con xente de diferentes lugares que chega coa ilusión de gozar do mellor marisco”.

Carballido conclúe afirmando que “o Percebe do Roncudo ten un plus de calidade, nace e cóidase nunhas condición ideais, onde hay grandes treboadas, o mar bate moito, castigando a roca e nese ambiente é onde mellor se cria o Percebe. A zona da Punta Roncudo é unha zona especial, unha zona moi batida, ideal para o Percebe, isto unido a labor especial dos percebeiros que durante meses van gardando esas zonas para abrilas só dúas veces ao ano, no Nadal e agora para a Festa, esa dedicación e ese traballo ten a súa recompensa agora co mellor produto, os mellores percebes do mundo“, concluíu.

Cabe destacar que está regulado e informado, a través dun bando municipal, que estará prohibida a ocupación de espazos públicos por parte de todo tipo de camións, disco móbiles ou plataformas de música que non presenten a correspondente licenza. A prohibición esténdese desde as 00.00 horas do día 1 de xullo ata ás 9.00 horas do día 3 e afecta a todo o núcleo urbano de Corme Porto, praias, paseos e zona portuaria. Tamén está prohibido beber alcohol e consumir en botellas ou vasos de vidro nas vías públicas.

A música é outro dos factores protagonistas desta festa

Forte aposta polos artistas locais e os mellores djs, que se adaptan con facilidade a facer gozar ao público con variados estilos musicais en función do tipo de asistentes á festa en cada momento. Xa o demostraron con creces na pasada edición da Festa da Mikaela de Buño.

Dj Roy, (Malpica) locutor, presentador, director e creador do programa World Hits que se emite todos os sábados na emisora NOVAHIT de 23:00 a 00:00 horas, mantén un gran número de seguidores na Costa da Morte. Do mesmo xeito que o seu colega Drew korme, (Corme) compartiron e comparten numerosas cabinas e festas. Outro dos elixidos para esta edición da Festa do Percebe é dj Charlie, (Vigo) ten miles de seguidores en toda Galicia nas súas sesións, así como no programa Italian Style que dirixe e presenta en NOVAHIT de 21:00 a 23:00 horas desde hai case 20 anos, coa colaboración do tamén dj vigués dj Josi.

Este será o cartel completo