Xosé María Arán fala do «desastre» de xestión da pandemia

nhdiario.

O polifacético cidadán carballés, Xosé María Arán, faino con coñecemento de causa, estivo hospitalizado do 17 ao 25 de marzo tras diagnosticarlle no CHUAC unha pneumonía bilateral e confirmarse o positivo en Covid-19, pero ademais durante ese período de tempo tamén se confirmaron os positivos da súa esposa e da súa filla maior. Con eles vive outra filla, de 16 anos, á que non lle realizaron a proba ao non presentar síntomas. Arán sempre agradeceu e agradece en todo momento o labor dos profesionais de todos os centros sanitarios onde foi atendido, pero como veremos a continuación, existen outro tipo de carencias que están moi lonxe do servizo que nos debería de corresponder como cidadáns.

Así o conta en primeira persoa este luns na súa conta de Facebook:

«Sempre me recomendan contar ata dez antes de dicir nada, pois hoxe empezo desde menos un.

Isto é un desastre, pendente do test para ver se son negativo, en principio non mo fan por cambio de protocolo. O que antes tiña que ser, agora parece que non. Ou se cadra si, se cambia o parecer ou o protocolo.

Unha familia de catro membros con tres positivos confirmados e un que non se lle fixo o test por non ter síntomas, agora fanllo a unha positiva e aos dous positivos e á non positiva non. Agardemos que á que llo van facer non de positivo, sinon, haber que facemos. Se alguén o entende que mo explique».

Onde estan o famosos test?, pregúntase X.M. Arán.

«A parte do tema sanitario da enfermidade, téñennos nunha incerteza que xa afecta o estado anímico e psicolóxico. Ri ti do Goberno central, e que pasa co Goberno de Galicia que xestiona a nosa sanidade e estes temas de saúde?.

E mentres tanto o persoal posicionandose en contra e a favor do partido político de quenda coma se fosen as afeccións nun partido de fútbol, como verdadeiros juli… Simplismos da vida, nótase que non lles vai a vida nisto. Mentres hai uns meses criticabamos aos do ramo sanitario cando se manifestaban por Galicia polas carencias da sanidade pública, agora aplaudimos e usamos as redes para cargarnos ao Goberno estatal ou ao autonómico, segun a conveniencia política que procesemos e usamos as carencias dos nosos sanitarios para uso partidista. Que cínicos que somos.

Somos o único animal que tropeza 14, si 14 e máis veces coa mesma pedra, dáme a impresión que despois disto non imos nin nós nin os que nos gobernan a aprender nada, oxalá me engane e teña que perdir mil veces perdón. E no meu caso non será por estar calado, seguro que algún iluminado criticarame de ir de protagonista, pero déixolle ese protagonismo, supostamente mal entendido, para aquel que queira pasar pola miña desagradable experiencia. A sorte é que seguimos vivos para contalo e que outros por desgraza non o poden facer.»

«Saúde e sorte para todos que a imos a necesitar.»

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha