Xosé María Arán manda unha mensaxe de agradecemento e pide precaución contra o Covid-19

Foto.- Facebook_XM Arán.

Xosé María Arán Rodríguez, publicou este venres na súa conta de Facebook unha mensaxe de agradecemento ao persoal sanitario do CHUAC, onde permanece ingresado dende o pasado mércores tras dar positivo en coronavirus, ademais segue facendo un chamamento a cumprir as medidas de prevención establecidas. “Eu non podo quedarme na casa. Ti si!!!. Por tod@s quédate na casa”.

“Moi boas, a tod@s e moitísimas grazas polas mostras de cariño recibidas por diferentes medios. Perdón si non contestei a todos.

Agardo que isto pase para todos o antes posible e lamentar aos que xa non están connosco.

Veñen momentos duros pero entre todos podemos.

Especial mención para o persoal sanitario pola sua labor e todos aqueles que están cos seus traballos contribuindo a que isto podamos paralo.

E sobre todo, moita precaución e cumprir as normas adoptadas, xa que non se pode baixar a garda, por ti, pola túa familia e por todos”. Saudos, Arán.