Xosé Regueira aposta por unha maior eficacia e axilidade nas contratacións públicas

1 minutes read
  • O vicepresidente da Deputación da Coruña participou no I Encontro Anual da Asociación Provincial de Empresarios da Construción

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, participou no I Encontro Anual da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (Apecco), «Construíndo unidos», cunha intervención na que defendeu a necesidade de que as institucións aposten por unha «maior eficacia e axilidade nas contratacións públicas». Nun foro constituído en maior medida por responsábeis de empresas do sector da construción, Xosé Regueira destacou que a Deputación contribuíra á máis de 1.200 licitacións públicas no territorio a través dun Plan Único que a día de hoxe neste ano 2019 achegou aos concellos máis de 102 millóns.