O vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, participou nas xornadas «Surf e desenvolvemento sostíbel» que se desenvolven en Valdoviño e destacou a potencialidade deste deporte como produto turístico de calidade. Conservación do medio ambiente, desestacionalización do turismo e promoción do desenvolvemento económico son algúns dos beneficios que sinalou na súa intervención.
Xosé Regueira participou na inauguración xunto co alcalde de Valdoviño, Alberto González, o presidente da Federación Española de Surfing, Carlos García, o Presidente da Federación Galega de Surfing, Román Díez e a xefa de servizo provincial da Axencia de Turismo de Galicia, Camino Triguero e, ademais, defendeu a relatorio «Surf como elemento de desenvolvemento local» na que tamén fixo fincapé no compromiso da Deputación na promoción deste deporte de mar.