Xosé Regueira participou en Santiago no encontro estatal de Organizadores Profesionais de Congresos

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, participou en Santiago no encontro de 32 Organizadores Profesionais de Congresos no que defendeu a necesidade do entendemento entre o ámbito público e o privado para atraer talento e aproveitar as oportunidades de mellora social.

Na mesa redonda «O papel das administracións na esponsorización de grandes eventos», o vicepresidente e responsábel da área de cultura da Deputación da Coruña apostou pola necesidade de apoiar o sector privado por parte das administracións no desenvolvemento de eventos dinamizadores dos distintos sectores económicos, de maneira especial o turístico.

Regueira sinalou tamén as dificultades que o marco legal impón para que o apoio sexa áxil e a tramitación sinxela con respecto ás solicitudes que se presentan. Diante dun público composto especialmente por axentes do sector turístico e da promoción de eventos e congresos, Xosé Regueira apostou pola necesidade de «axilizar» as administracións para que aproveiten as oportunidades de avanzar e aproveitar oportunidades que revertan na mellora económica e social do territorio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha