Xosé Regueira, recibe un dos premios da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, recibirá o vindeiro 25 de setembro o premio na modalidade de proxectos e iniciativas institucionais na XVII Edición da Gala de Turismo e a Gastronomía de Galicia. O premio recoñece, entre outras accións o labor desenvolvido por Xosé Regueira á fronte a área de Turismo da Deputación da Coruña que dirixiu no pasado mandato e da que continúa á fronte co novo goberno.

Os premios, creados no ano 1998 e organizados pola revista HGg&T, supoñen un punto de encontro para os diversos axentes do sector e recoñecen produtos e protagonistas do ámbito do turismo e a gastronomía.

«Agradecemos o premio que entendemos como un recoñecemento a nosa aposta polo turismo de calidade e pola profesionalización do sector que é vital para o desenvolvemento económico do territorio», sinalou o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, a respecto da concesión do premio que recollerá persoalmente o vindeiro día 25 en Santiago.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha