Xubilación anticipada para traballadores con discapacidade igual ou superior ao 45%

1 minutes read

O Consello de Ministros aprobou un real decreto que mellora o acceso á xubilación anticipada para as persoas cunha discapacidade superior ao 45% Para este colectivo redúcense os anos de cotización esixidos de 15 a 5 desde o diagnóstico da discapacidade. Outra novidade é que as persoas que teñan máis dunha patoloxía discapacitante poderán optar á xubilación anticipada se a suma das súas doenzas supera o 45% de discapacidade. O Executivo estima que, con esta medida, duplicarase o número de beneficiarios. Estes serán os traballadores por conta allea e por conta propia incluídos en calquera dos réximes que integran o sistema da Seguridade Social que acrediten:

Estar en alta ou en situación asimilada á de alta
Que ao longo da súa vida laboral traballaron un tempo efectivo equivalente, polo menos, ao período mínimo de cotización que se esixe para poder acceder á pensión de xubilación estando afectados por algunha das patoloxías xeradoras de discapacidade e, dentro dese período, durante polo menos cinco anos, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 45%.
Esto acreditarase mediante un informe médico que indique a data en que se iniciou ou se manifestou a patoloxía, xa sexa esta a data de nacemento ou unha posterior.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?