Unha representación do persoal municipal, máis reducida do habitual debido á situación sanitaria, quixo acompañar a Eliseo Lista Theodosio, «Liso», na súa despedida oficial despois de case trinta anos de traballo no Concello de Carballo coma conserxe do CEIP Fogar.
Despois de oficializar a súa xubilación nun acto no que participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Educación, Mar Eirís, Liso foi agasallado cun carballo de Sargadelos e cun aplauso do goberno e do persoal municipal.