Xulio Ferreiro abandona a primeira liña política tras perder a Alcaldía da Coruña

1 minutes read
  • Os resultados conseguidos pola Marea Atlántica no concello da Coruña sumados a motivos persoais levaron o ata agora rexedor da cidade a renunciar á súa acta de concelleiro

Ferreiro compareceu en rolda de prensa na Casa do concello, visiblemente emocionado e arroupado por todo o seu equipo de goberno, na que explicou que nuns meses incorporarase á súa praza de profesor na Universidade da Coruña.

Conservar o bastón de mando era a única opción que se expuña o rexedor antes as eleccións municipais celebradas o domingo 26 de maio e de feito, unha semana antes dos comicios, avisou, nunha entrevista: «Non me expoño outra posibilidade de estar en política que non sexa ser o alcalde da Coruña».

Pero os resultados non favoreceron en Galicia ás candidaturas de unidade popular, entre elas á Marea Atlántica, que perdeu catro concelleiros e quedou con seis, fronte a PP e PSOE que obtiveron nove cada un.