Xullo de 2019: o mes máis caloroso desde que existen rexistros

0 minutes read

Xullo de 2019 pasa á historia como o mes máis cálido a nivel global desde que existen rexistros, alcanzando os niveis de xullo de 2016 e posiblemente «superándoos marxinalmente». Acábao de confirmar o Servizo para o Cambio Climático da axencia europea Copernicus, despois de que xa o advertise a Organización Meteorolóxica Mundial.