Xunta, concellos e entidades asinan a Axenda Social Única ata o 2024

1 minutes read

A Axenda Social Única 2024 “marca o camiño a seguir para a Galicia unida, responsable e comprometida dos próximo anos”. Así o dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no acto de sinatura deste documento que servirá de guía para as actuacións que se impulsarán nos vindeiros anos en materia social por parte da Xunta, a Federación galega de municipios e provincias e as entidades sociais de Galicia.

Ademais do titular do Goberno galego, participaron na sinatura a conselleira de Política Social, Fabiola García, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e representantes da Rede de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN Galicia), Cruz Vermella Galicia, Cáritas Diocesana Galicia e ONCE Galicia.

Para o ano, unha lei galega de inclusión social adaptará as prestacións á situación pandémica. Van reformar a Risga para as familias con vivenda alugada e menores a cargo e a maiores reducir os trámites burocráticos», dixo Alberto Varela, presidente da Fegamp.

O 96 % das medidas recollidas na axenda social asinada en 2016 están cumpridas, segundo entidades sociais, concellos e Xunta.