Xunta e 12 concellos da área de Vigo acordan prorrogar o Plan de transporte metropolitano

1 minutes read

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, presidiu a Comisión de Seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo, celebrada na cidade olívica, na que se avaliou conxuntamente o funcionamento desde plan posto en marcha en abril do ano 2015.

O obxectivo é darlle continuidade á colaboración do Goberno galego cos municipios que integran a área de transporte metropolitano de Vigo, que son Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior.

No marco deste convenio, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade achegará anualmente preto de 1,2 M€ para financiar os descontos do 80% que se aplican nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos, que son gratuítos, e as bonificación adicionais aos usuarios recorrentes (15%) e membros de familias numerosas, de ata o 50%.

Entre os municipios que configuran esta área de transporte, na que non está incluído o Concello de Vigo pola súa negativa a integrarse, realizarán unha achega de 280.000 € ao ano.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?