Xunta e Concello de Brión investirán 605.000 € na mellora da AC-543

A Xunta e o Concello de Brión colaborarán na mellora da AC-543 para eliminar un punto de concentración de accidentes e converter a estrada nunha rúa, cun investimento de 605.000 euros. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Brión, Pablo Lago, asinaron o convenio de cooperación para mellorar a seguridade viaria nesta contorna.

As obras suporán un investimento conxunto de 605.000 €, dos cales o 70% serán achegados pola Xunta, é dicir, preto de 424.000 euros. O Concello, pola súa banda, achegará os 181.000 euros restantes e será o encargado de contratar e executar as obras. A maiores, Brión comprométese a asumir a titularidade do treito, a excepción da calzada e beiravía das glorietas da AC-543, nos puntos de conexión con outras vías autonómicas, que seguirán sendo de titularidade da Xunta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha