Xunta e Concello de Mugardos realizarán un estudo que evite inundacións no río Ba

1 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo, por videconferencia, co alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, no que acordaron que a Xunta realizará un estudo das alternativas de actuación para evitar as inundacións que se repiten no entorno do río Ba, na parroquia do Seixo.

Augas de Galicia realiza de forma habitual tarefas de conservación e limpeza neste río, incluíndo a retirada de troncos, o que contribúe a diminuír o risco de asolagamento, mantendo ao mesmo tempo os valores fluviais.

Ante a reiteración dos episodios de inundación, a conselleira e o alcalde conviñeron na oportunidade de realizar unha análise sobre a posibilidade de acometer actuacións doutra índole que permitan reducir aínda máis os asolagamentos.