Xunta e Concello de Santiago acordan o ámbito que albergará a ampliación da Sionlla

A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago decidiron cal será o ámbito no que se vai a desenvolver a ampliación do polígono industrial da Sionlla, que terá unha superficie estimada duns 400.000 metros cadrados.

Este foi o principal acordo da reunión que mantiveron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, que coincidiron en que a zona proposta polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) como primeira opción é a localización “máis adecuada” para planificar o futuro crecemento do parque empresarial, xa que, ademais, atópase moi próxima ao chan actualmente desenvolvido, o que facilitará a súa continuidade.

Neste sentido, tanto a responsable autonómica como o rexedor subliñaron a necesidade de impulsar unha ampliación na Sionlla que responda á demanda de chan industrial que se está rexistrando nesta zona e para favorecer a implantación de novos proxectos empresariais na capital galega.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha