Xunta e Delegación do Goberno xuntos contra a violencia de xénero


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a responsable da área de violencia de xénero da Delegación do Goberno, María Debén, mantiveron unha xuntanza de traballo para seguir mellorando a coordinación ante a violencia de xénero. No encontro tamén tomaron parte as responsables de violencia sobre a muller das subdelegacións provinciais.

A Xunta defende que a eliminación da violencia contra a muller é un reto conxunto da sociedade, que require da acción unitaria, a máxima coordinación e cooperación por parte das institucións públicas, segundo o seu ámbito e competencia. Para conseguir avances e unha atención integral ás vítimas, é necesario acadar un compromiso desde todos os ámbitos, alcanzar acordos e impulsar a loita contra a violencia de xénero como un asunto prioritario na axenda.​

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella na xuntanza de coordinación coa responsable da Unidade de Igualdade da Delegación de Goberno, María Debén, e coas responsables das Unidades de violencia sobre a Muller.