Xunta e empresarios de Ponteceso traballarán da man para dar resposta ás demandas laborais

1 minutes read

A Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ao sistema de difusión de ofertas de traballo do Servizo Público de Emprego de Galicia tras a sinatura do protocolo de adhesión a esta iniciativa do Goberno galego que busca conectar oferta e demanda para dar resposta ás vacantes do mercado laboral. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou o acordo de colaboración co presidente dos empresarios, José Ramón Pombo, o que permitirá achegar as ofertas de traballo ás oficinas de emprego de Galicia e mellorar, deste xeito, o seu papel intermediador. En palabras de Lorenzana, trátase de xeito efectivo de casar oferta de postos coa demanda para favorecer que o tecido empresarial atope as persoas coas competencias máis axustadas ás súas necesidades, e de que as persoas demandantes de emprego accedan a un posto de traballo adecuado ao seu perfil profesional.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?