Xunta e Estado reforzan a súa coordinación para a campaña contra incendios deste verán

1 minutes read

O obxectivo é coordinar as actuacións da Xunta e o Goberno central en materia de investigación, vixilancia e disuasión para facer fronte aos incendios forestais e loitar contra a actividade delituosa incendiaria.
Na reunión participaron membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, representantes da Subdelegación do Goberno e responsables da Policía Autonómica e Nacional e da Garda Civil.
No transcurso da reunión presentáronse os distintos medios cos que se contará para loitar contra o lume durante a presente campaña, así como a competencia que terá cada un deles a través do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Pladiga 2021. Ademais avaliáronse os plans operativos na provincia e coincidiuse en levar a cabo unha actuación que cubra todas as frontes necesarias: detección, disuasión, investigación e extinción.
Como é habitual, na xuntanza abordouse a distribución dos diferentes efectivos sobre o territorio, prestando especial atención a aquelas áreas con maior incidencia deste tipo de actuacións.