Xunta e Fegamp analizan medidas para paliar a escaseza de socorristas


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo este mércores unha xuntanza co presidente da Fegamp, Alfredo García onde analizaron varias medidas para paliar a escaseza de socorristas para a tempada de verán.

Alfonso Rueda, que estivo acompañado na reunión da directora de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e do director de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, indicou que a contratación dos socorristas nos concellos galegos é unha competencia estritamente municipal.

No seo da reunión analizáronse poñer en marcha medidas como facilitar máis a acreditación a determinados colectivos, como os que estudan Tafad ou Inef ou mesmo crear novas figuras de auxiliares, como sucede coa Policía Local, para complementar o traballo que levan a cabo os socorristas.

Outra das medidas analizadas este mércores foi a creación dunha bolsa centralizada de selección de socorristas na Academia Galega de Seguridade Pública, como se está facendo na actualidade cos secretarios, interventores e teusoreiros das entidades locais e coas policías locais de Galicia.

Os concellos galegos contan con axudas da Xunta de Galicia para a contratación destes profesionais. Sen embargo, non se cubre a oferta de prazas, salvo en determinados concello. Na actualidade hai case 5.260 persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, o que os habilita para poder traballar nas nosas praias e piscinas este verán.