Xunta e Fegamp traballan na aplicación da gratuidade das escolas infantís municipais


A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, reuniuse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, para detallar a aplicación da gratuidade das escolas infantís de titularidade municipal para o vindeiro curso académico 2022-23. Esta medida aplicarase en todas as escolas infantís galegas, tanto nas públicas como nas privadas e de iniciativa social. Durante o curso actual aplicouse a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos en todos os centros galegos. No vindeiro curso ampliarase tamén a primeiros fillos. Trátase dunha medida que beneficiará a un total de 30.000 familias que non terán que pagar nada pola atención educativa dos seus fillos de 0-3 anos.