Xunta e Fundación ONCE estudan facer un Camiño de Santiago máis accesible

1 minutes read

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos del Camiño De Santiago, Ildefonso de la Campa mantiveron unha reunión con representantes da Fundación ONCE para estudar proxectos de colaboración e facer un Camiño de Santiago máis accesible. Xosé Merelles e Ildefonso de la Campa reuníronse co director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, Jesús Hernández-Galán onde avanzaron na colaboración, que en principio, consistiría en poñer en marcha un programa de formación sobre a atención a persoas con discapacidade, orientada aos albergueiros, Oficinas de Turismo, centros de interpretación, responsables de albergues Privados e hostalería. A Fundación ONCE ten na web https://caminodesantiago.fundaciononce.es, información, recomendacións e consellos para facilitarlle facer o Camiño.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?