Xunta e sindicatos acordan melloras nas condicións dos traballadores do transporte escolar

1 minutes read

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e os representantes da organizacións sindicais UGT (Eladio Antonio Romero Ares), CIG (Xesús Mª Pastoriza Santamarina) e CCOO (José Raúl Rodríguez Vila) asinaron un acordo para a mellora nas condicións dos traballadores do transporte escolar.

Este é o primeiro paso na reformulación do novo contrato de licitación de transporte escolar, que está sendo obxecto de melloras por parte da Consellería en base ás alegacións recibidas e coa finalidade de ofrecer a mellor calidade no servizo.

O obxectivo do acordo asinado é blindar as condicións laborais de todas as persoas que prestan este servizo. Así mesmo, increméntanse as garantías para que todos os traballadores gocen das mesmas condicións, independentemente de se realizan o traballo de forma directa, subrogada ou subcontratada.