Xunta e Universidade da Coruña colaborarán para a eliminación da herba da pampa

1 minutes read

A Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña colaborarán no desenvolvemento de accións de control biolóxico para a eliminación da especie exótica invasora Cortaderia selloana, coñecida como herba da pampa, no marco do convenio asinado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o reitor da UDC, Julio Abalde. Esta colaboración ten como obxecto desenvolver o uso dunha especie de mosca, concretamente o Spanolepsis selloanae, como axente de control biolóxico logo de que investigadores desta universidade descubriran que as femias deste insecto depositan os ovos na herba da pampa e, tras a súa eclosión, as larvas aliméntanse da estrutura reprodutiva da planta evitando así a formación de sementes viables. A sinatura deste convenio supón un paso máis na loita contra o avance da herba da pampa a través do desenvolvemento dunha base de coñecemento que permita abordar os problemas que representa esta especie exótica invasora tendo en conta que as medidas de xestión que se apliquen deben evitar calquera impacto adverso sobre a biodiversidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?