Xuntanza cordial e construtiva en San Caetano de Feijóo con Pontón e Caballero

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo este venres senllas reunións coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero. Ambas as citas, convocadas en San Caetano, tiñan no foco a reactivación económica e social da comunidade nun contexto marcado pola pandemia. Logo destes encontros, o presidente da Xunta asegurou que «sería bo que Galicia fose unha expceción no panorama político, e se puidese atopar unha unidade política». «España necesita mais acordos e política que ruido», afirmou Feijóo.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou o encontro bilateral co presidente da Xunta, -dúas horas e media de reunión-, de “cordial e positivo”,  no que se repasaron algunhas das grandes cuestións de país desde o “ánimo de aportar” a favor de Galicia, cada quen desde a súa responsabilidade e conscientes das diferencias políticas. 

A proposta Socialista xira en torno a 12 eixos para enfrontar “os grandes retos do país” e encarar a reconstrución. “A nosa proposta non vai de cheques en branco, vai de compromiso con Galicia”, subliñou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.