Xuntanza de traballo entre o alcalde de Malpica e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude

1 minutes read
  • Cabe destacar que o Concello de Malpica está a ter nos últimos tempos unha actividade cultural frenética con resultados espectaculares, que pretende manter e incluso ampliar da man da Administración autonómica.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo este xoves unha xuntanza co alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e coa concelleira do ramo, Noelia Freijeiro, para coñecer de primeira man as necesidades do concello nas áreas da súa competencia e analizar posibles colaboracións ao respecto.

Con este obxectivo, durante a reunión, o representante da Xunta interesouse por cuestións relacionadas coa posta en valor do patrimonio, con accións de dinamización da cultura, con propostas para o impulso da lingua galega  e tamén con aquelas encamiñadas ao apoio á mocidade deste municipio da Costa da Morte. Deste xeito, López Campos continúa co seu achegamento ás administracións locais para abrir vías de colaboración que contribúan ao avance nestas materias.