Xuntos Carballo alerta sobre un vertedoiro incontrolado en Bértoa

Xuntos Carballo

  • Atópase nun monte preto da rúa Severiano Soutullo

O secretario local de ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’, Xesús Deus Gende, acompañado da responsable de medio ambiente da formación, Nieves Sánchez Calle, achegouse ata a parroquia de Bértoa para ver por si mesmos un problema que lles fora comunicado pola veciñanza: un vertedoiro incontrolado nun monte preto da rúa Severiano Soutullo.

Desde Xuntos Carballo aseguran que hai pouco tempo se puxera en coñecemento do Concello unha situación similar, neste caos a carón do supermercado Lidl, e xa entón reclamaran máis vixilancia para este tipo de condutas que «danan o medio ambiente».