Xuntos Carballo amosa o seu apoio ás empregadas do SAF

Cedida

  • Este luns tivo lugar unha manifestación na Praza do Concello.

Xuntos Carballo M+J asistiu este luns á manifestación de apoio ás empregadas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que tivo lugar na Praza do Concello. Segundo sinalan desde a formación municipalista, as traballadoras reclaman que se cumpra do convenio estipulado, que contempla unha suba do salario do 6.5%, e que se lles provista de material de protección. «Sempre estaremos ao carón da legalidade e na defensa dos traballadores/as que reinvindiquen os dereitos que legalmente lle corresponden», afirmou o voceiro de Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha