A agrupación municipal Xuntos Carballo volve a facer fincapé na falta de solución, por parte do goberno local, ante a maleza que asolaga as rúas Ecuador, Venezuela e arredores. Unhas semanas atrás a formación presentou un escrito poñendo de manifesto a «necesidade urxente de acondicionar beirarrúas para evitar o perigo que supón transitar polas mencionadas rúas», un escrito que non obtivo resposta. Xuntos Carballo tamén demanda o arranxo da zona da biblioteca Rego da Balsa.
Non é a primeira vez que desde a agrupación poñen o foco no «deixamento» do executivo local, sen mostrar «interese» nos núcleos urbanos e sen dar «unha solución á problemática existente a curto prazo».
Xuntos Carballo defende que «todos os cidadáns pagan os correspondentes impostos en calquera vivenda do noso concello e, visto o que acontece, a veciñanza é tratada de diferente maneira según lle veña ben a os gobernantes locais».