41
O secretario da formación Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, presentou unha moción no Concello referente á plantación de árbores froiteiras nos parques, xardíns e espazos públicos de Carballo para «poñer un toque de positividade a través dos sentidos» nesta pandemia.
Coa chegada inminente da primavera, desde a formación destacan que estas froiteiras estarán no seu esplendor e, ademais de poñer en valor o medio ambiente, axudarán a visibilizar a protección desta clase de árbores entre os máis pequenos.